A Nosa Historia

Club de Remo Náutico de Riveira fúndase o 14 de Xuño do 2013, momento no cal se inicia a escola de verán no Náutico en Riveira. O club terá que esperar uns meses para poder iniciarse no mundo das competicións. Na comarca do Barbanza, vai ser o último club que se funda nos últimos anos co cal ten unha gran responsabilidade para intentar chegar ao nivel dos veciños,

No primero ano que o Club logra competir inician a tempada 22 rapaces de todas as idades. Ese ano o club non dispoñía de bens materiais e tivo a gran sorte de que o Concello de Riveira os apoio ca cesión de 2 bateis para poder competir. Chegan as primeiras regatas e os familiares dos remeir@s empezan a coller afición a este gran deporte véndose reflexado na concentración de xente nos portos.

O segundo ano vai estar marcado pola primeira mudanza, o Náutico de Riveira decide que non podemos seguir ocupando un lugar que pertence aos regatistas de vela e temos que abandonar a sede tendo que ocupar un baixo de un edificio próximo á praia de Coroso. Ese ano o club pese aos problemas logra reunir uns 40 rapaces na escola de verán e serán os que darán comezo nas regatas desa tempada. 

Temos que facer un inciso e recordar que somos o único club da comarca que comezou cobrando unha cota aos remeir@s para así poder subsistir e poder comprar todo o material que a dia de hoxe temos. Esta medida puido significar a marcha de remeir@s a outros clubs da zona, pero non foi así xa que os país dos rapaces viron as necesidades que o club tiña e ten hasta a data.

"Canto máis difícil é a victoria, maior é a felicidade de gañar"

Continuamos co terceiro ano, o cal traería as primeiras vitorias para o Club nesa tempada logrando diferentes triunfos en moitas regatas e logrando reunir 60 remeir@s os cales nos facían completar case todas as categorías.

Destacar os Campionatos Galegos de remoergómetro, a primeira Bandeira para o Club na categoría absoluta feminina no Campionato Galego de bateis e a medalla de subcampionas de España en Bateis esa mesma campaña. Na mesma categoría en trainerillas o club logra o subcampionato Galego e o Subcampionato de España.

"Non podes poñer límite a nada. Canto máis soñas, mais lonxe chegas"

O 2017 vai pasar á historia do Club de Remo Náutico de Riveira, ano no cal o club sufre unha nova mudanza por discrepancias cos propietarios do baixo, e nos vemos obrigados a marchar, poñendo rumbo á sede actual en Aguiño na antiga fábrica de xeo que tivemos que habilitar para estar en unhas condicións aceptables para a práctica do deporte en ese local. Despois de sufrir este tropezó o club sofre moitas baixas de remeir@s debido á situación actual.

No ámbito deportivo podemos dicir que foi un gran ano con moitas vitorias das nosas rapazas  nos Campionatos Galegos de Bateis, subcampionato de trainerillas e logrando os subcampionatos de España en bateis e trainerillas tamén.

Esta tempada vai estar marcada pola aparición do noso Club na LGT feminina con unha fusión de clubs con outro da zona do Grove, unión que significou a vitoria na LGT feminina, Campioas Galegas e a primeira participación na Bandeira da Concha logrando a 3 praza na final.

Ano 2018, tempada que será recordada pola consolidación en Aguiño e ca chegada de nov@s remeir@s ao noso club. Esta tempada foi a mais éxitosa hasta a data en canto a resultados deportivos e demostraba que o club de Remo Náutico de Riveira se estaba consolidando como un referente no ámbito feminino do remo. Campionas Galegas nas 3 disciplinas bateis, trainerillas e traíña, subcampionas de España en bateis e trainerillas.

Grandes éxitos que levarían a cabo a primeira aparición do Club de Remo Náutico de Riveira na LGT feminina con vitorias en todas as regatas disputadas, obtendo así o trofeo en propiedade de Campionas da Liga Galega de traíñas, segunda aparición do Club na Bandeira da Concha pero agora como Club de Remo Náutico de Riveira ( sen fusión de clubs como anterior tempada), dando a sorpresa antes as grandes favoritas e gañando a Clasificatoria e obtendo o terceiro posto na xeral despois de 2 finais.

Derradeira tempada e ano 2019. Este 2019 terá un oco na historia do club para sempre, xa que se consegue a primeira Bandeira de Campionas de España do club, e como non tiveron que ser as nosas rapazas logrando en Bateis esta desexada bandeira despois dos últimos subcampionatos conseguidos ao largo da historia do club. Destacamos tamén que as categorías inferior empezan a facer un sitio nas finais, alevíns masculinos conseguindo o 5 posto, e o resto de categorías entrando en finais dos diferentes campionatos. Despois destes éxitos en bateis continuamos con trainerillas onde volvemos a conseguir os subcampionatos galegos e de España.

Despois de dar continuidade ao proxecto da traíña feminina en esta campaña desde a LGT se sacan unhas normas de última hora e nos deixan sen poder competir debido ao incumprimento de requisitos que solicitan co cupo de canteiráns e remeiras propias, que nós debido a curto tempo de creación do Club non podemos cumprir. Este problema non nos fai abandonar e decidimos continuar adestrando e competindo nas Bandeiras que nos deixaran competir, logrando o subcampionato Galego, subcampionato de España, subcampionato da Deputación, Bandeira Teresa Herrera e a clasificación como único equipo Galego na Bandeira da Concha, tanto feminino como masculino, despois deste gran feito o club logra a 7 posición despois das 2 finais, aínda que para nós xa foi un éxito o estar clasificado despois de tantos infortunios ao largo da tempada e volvendo así a escribir novas páxinas de historia para o noso Club e o remo galego.