INSTALACIÓNS

No ano 2013, pouco despois da creación do club, a directiva, xunto cos pais dos rapaces decidimos dar continuidade a esta labor en Riveira, tanto foi así que negociamos co Náutico de Riveira para que nos cederan un oco nas súas instalacións que ocupamos durante a primeira tempada. Na seguinte tempada, tivémonos que mudar a un baixo dun edificio cercano á praia de Coroso que era propiedade de un dos pais dos remeiros, alí estivemos 3 anos. Despois de ver que o lugar se nos quedaba pequeno decidimos xunto co apoio da Confraría de Aguiño mudarnos á antiga fábrica de xeo que está en Aguiño e que tivemos que adaptar ás nosas necesidades para poder realizar un traballo decente cos nos@s remeir@s.

O gran crecemento que experimentou o club nos seguintes anos á súa creación obrigou a ter que adquirir material como remolques e ter que alugar unha nave para poder gardalos , xa que en Aguiño non dispoñemos de máis sitio. 

Co obxectivo de seguir crecendo e ofrecerlles, tanto a deportistas como a socios e afeccionados en xeral, unhas instalacións dignas nas que poder desenvolver a súa actividade o Club presentou ao Concello a necesidade da creación dunha nova sede en Aguiño, a cal nos permita poder albergar todo en un mesmo local e así poder mellorar a formación deportiva dos deportistas.